Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Ames, 10 de marzo de 2026. Na súa visita, Saleta Chao puido constatar o que está a acontecer en Ames, “ non hai unha conexión adecuada entre os núcleos urbanos de Ames: Bertamiráns e O
Milladoiro debido a falta de frecuencias. No caso dos autobuses interurbanos, a situación vese agravada no Milladoiro pola cantidade de estudantes que neste novo curso escolar escolleron este núcleo como residencia. Ademais, prodúcese un incumprimento dos horarios nocturnos publicados en bus.gal que conectan o concello con Santiago, o que supón, que en moitas ocasións, a mocidade quede tirada nas paradas”sinalou.
PROBLEMÁTICA DO RURAL AMESÁ
Tal e como está deseñado o transporte público provoca unha clara discriminación por orixe, os mozos e mozas das zonas rurais non teñen as mesmas posibilidades que os que viven nas cidades ou vilas máis grandes. Isto tradúcese, por exemplo, na dificultade para acceder á ensinanza superior ó non existir transporte escolar para esa etapa educativa. “Polo tanto, hai
unha necesidade de deseñar mellor os percorridos atendendo á realidade de Ames. Estanse a incumprir de xeito sistemático as liñas e as paradas e desta maneira ocasionando un grave prexuízo para os veciños e as veciñas. Persisten as impuntualidades, os atrasos inxustificados, non hai autobuses dabondo e, en moitos casos, non pasan nas horas previstas” denuncia Escarlata Pampín. “Ademais as prazas nos mesmos son insuficientes e o estado de mantemento dalgún dos autobuses é calamitoso. A todo isto, pódeselle sumar a falta de información concreta nas paradas en canto a percorridos e horarios”, engade.
“O BNG exixirá unha vez máis no parlamento galego liñas suficientes e estables, horarios útiles para estudar, traballar e vivir e un transporte digno no rural” anuncia Saleta Chao, “porque o transporte público é un dereito, non un luxo”, conclúe.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)