Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today18 mayo, 2024
O BNG de Ordes propón facilitar a conversión de baixos comerciais en vivendas nos centros urbanos de Ordes e Mesón do Vento. O portavoz nacionalista, Pablo Vidal, insta a estudar a tramitación dun anexo de habitabilidade que permita modificar ou eliminar as esixencias relativas á protección de vistas nas áreas ou rúas de ambos cascos urbanos, segundo as Normas de Habitabilidade de Vivendas de Galicia. Vidal subliña que isto non implica que todos os baixos poidan ser transformados en vivendas, pero cre que en zonas con baixa probabilidade de actividades comerciais ou hostaleiras, estes espazos poderían ter uso residencial en lugar de permanecer baleiros e abandonados.
Pola súa banda, o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, informou que os técnicos municipais están a coordinarse co IGVS dende febreiro sobre esta cuestión, recordando que esta medida está incluída no programa electoral dos populares. Ademais, adiantou que se está a realizar un análise das zonas propostas en Ordes para esta implantación e as condicións que deberán cumprir.
Escrito por Líder Redacción
baixos comerciais bng comarca ordes politica radio lider santiago vivenda
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)