Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A deputada de Igualdade e Dereitos Civís, Sol Agra, achegouse onte á parroquia amesá de Lens convidada polo Grupo Municipal do BNG onde verificaron que pese a que o concelleiro Alexandre Espinosa presentou no pleno ordinario de setembro de 2023 e no pleno ordinario de febreiro de 2024 rogos para que fose retirada, a simboloxía franquista segue presente na Fonte de Lens.
Sol Agra, sinalou que “desde a área de Dereitos civís da Deputación da Coruña, queremos recordar que hai unha lei vixente, a lei de memoria democrática que se aprobou no ano 2022 que require ás institucións e personalidades xurídicas que retiren toda a simboloxía que recrea, recorda e enxalzar o Golpe de Estado e o movemento dictatorial. Vemos que hai algúns elementos neste concello e noutros concellos da provincia que seguen sin seren retirados; polo tanto, recordámoslle a todos eles que é importante que cumplan a lei de Memoria Democrática vixente.”
O colectivo A Rula, estivo tamén presente nesta visita á que asistiu Pablo Sanmartín xunto con veciños de Ames que reclaman que toda a simboloxía franquista do Concello de Ames sexa retirada.
A fonte ubicada en Lens no é a única que contén motivos franquistas, de feito no propio Bertamiráns permanece outra coas mesmas características.
Dende o BNG de Ames seguiremos insistindo para que o noso concello quede libre de simboloxía franquista e o goberno socialista cumpra a lei que o propio PSOE aprobou no estado.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)