Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 febrero, 2026
O BNG de Ribeira trasladou a súa preocupación pola situación de seguridade no municipio, logo do incremento de roubos e actos vandálicos rexistrados nas últimas semanas, unha realidade que está a xerar inquietude tanto entre a veciñanza como no comercio local.
Desde a formación nacionalista lembran que, durante o tempo no que o BNG formou parte do goberno municipal, realizáronse investimentos para reforzar a seguridade cidadá, coa incorporación de máis axentes á Policía Local e a mellora dos medios materiais, entre eles a adquisición dun novo vehículo policial cun custo aproximado de 40.000 euros. Uns avances que permitiron mellorar os recursos dispoñibles, aínda que consideran necesario continuar nesa liña, incrementando os efectivos e renovando o material.
O BNG subliña a importancia de actuar con responsabilidade e amosa a súa disposición a colaborar co Concello para buscar solucións consensuadas que permitan reverter a situación actual.
Entre as liñas de actuación propostas, a formación defende a convocatoria dunha reunión entre os distintos grupos da Corporación Municipal e as forzas de seguridade, co obxectivo de analizar a situación e adoptar medidas concretas. Tamén apostan por reforzar a coordinación, mellorar os medios dispoñibles e incrementar as patrullas a pé.
Ademais, consideran imprescindible abordar as causas de fondo do problema, incluíndo o impacto do tráfico e consumo de drogas, apostando por un enfoque integral que combine prevención, intervención social e atención sanitaria, con especial atención á mocidade e aos colectivos máis vulnerables.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)