AD

Actualidad

O BNG rexistra preto dun milleiro de alegacións contra a implantación de Altri

today13 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

A  deputada nacionalista, Iria Carreira, denuncia que o PP pon os recursos galegos ao servizo dunha empresa depredadora para a noso país

Alerta da especial ameaza para os concellos bañados polo río Ulla e para a ría de Arousa

O BNG da comarca de Compostela fixo entrega no rexistro da Xunta de preto dun milleiro de alegacións recollidas contra a instalación da factoría de Altri en Palas de Rei, que se suman aos milleiros delas recollidas no territorio galego, no marco dunha campaña que continuará con máis iniciativas de protesta. A deputada nacionalista, Iria Carreira, alerta do grande impacto que terá nos concellos polos que pasa o río Ulla, na Ría de Arousa e en todo o país e demanda a paralización dun proxecto que é «depredador con consecuencias moi negativas para a nosa terra».

En poucos días, o BNG da comarca de Compostela recolleu preto dun millleiro alegacións que mostran a clara oposición social á instalación da factoría de Altri en Palas de Rei. «Xuntar nunha comarca en tan pouco tempo este número de sinaturas contra a factoría significa que hai unha oposición contundente a un proxecto que pode ter consecuencias gravísimas non só medioambientais senón tamén económicas ou sanitarias», sinalou no acto de entrega a deputada nacionalista Iria Carreira que depositou as alegacións no rexistro oficial da Xunta acompañada de concelleiros e concelleiras da comarca de Santiago e outros cargos da organización nacionalista.

Na súa intervención, Carreira sinalou que a factoría de Altri é «unha ameaza directa para o noso país, non só para os concellos e comarcas máis afectadas como a Ulloa, Terras de Meide ou o alto Ulla senón tamén para todos os concellos e comarcas bañadas polo río porque nel se fará a captación de auga da factoría e será o que recolla esa auga unha vez pase todo o proceso industrial, co impacto directo a nivel medioambiental e de contaminación, agravando aínda máis as xa malas condicións do río».

Neste sentido, denuncia a importante afectación que se producirá nun río que achega auga para procesos industriais e empresarias e dá de beber a milleiros de persoas en Padrón -onde está a estación potabilizadora- Pontecesures ou a comarca do Barbanza, ademais de supor un impacto directo negativo sobre o marisqueo da Ría de Arousa. A deputada nacionalista, explicou ademais que os prexuízos que poden ocasionar a implantación da factoría afectarían a «todo o país a nivel medioambiental xa que, ao depender da produción de eucalipto, é previsible que o monocultivo se estenda moito máis, agravando as consecuencias que ten coa destrución da flora e fauna autóctona e cun modelo de baixo rendemento tanto forestal como económico».

Falta de transparencia da Xunta

Pon en cuestión Iria Carreira, a actitude da Xunta do PP que mostrou unha «total falta de transparencia e información nun proceso en que non dubidou de poñer os recursos deste país ao servizo dunha gran empresa para o seu lucro en lugar de protexer o benestar de galegos e galegas e o futuro da nosa terra. É terríbel que un goberno antepoña os intereses particulares e o lucro diante do futuro do país e a destrución da nosa terra». O BNG apostará sempre, concluíu a deputada, «por un rural e un medio vivo, productivo e con futuro, facéndolle fronte ao espolio e á depredación da nosa terra».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%