AD

Actualidad

O Camiño Francés reivindica o seu papel como referente da cultura Europea

today14 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

Por primeira vez, nos seus 25 anos de vida, a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, recibe na aldea de Ribadiso, sitio emblemático e de paso obrigado na peregrinaxe a Santiago, a Eurodiputados galegos, D. Francisco Millán Mon e D. Nicolás González Casares foron recibidos pola presidenta, Begoña Balado Conde e os representantes dos once concellos que integran a Mancomunidade. O obxectivo central desta visita, foi a celebración dun acto no que a Presidenta da Mancomunidade deu lectura a un manifesto no que reivindicaba o papel do Camiño Francés como a arteria principal de Europa.

“Pola porta das nosas casas, circularon ideas e valores, a través de xentes de toda condición, que constituíron a verdadeira orixe e cimento da nosa cultura europea. Tense dito que Europa fíxose peregrinando, polo menos esa Europa enfocada na concordia, no progreso e na convivencia” sinala Begoña Balado, presidenta da Mancomunidade, quen ademais afirma ao referirse os representantes do Camiño Francés en Galicia “Somos os depositarios últimos desa gran tradición na que se fundamentou Europa”

No acto, os alcaldes e representantes do Camiño Francés en Galicia, que contou tamén coa presenza do director da SA de Xestión do Plan Xacobeo, manifestaron a súa intención en seguir traballando para que o Camiño Francés continue sendo o que, por séculos, encarnou: un espazo único de encontros, de intercambios, de aprendizaxe e saber. Un piar fundamental para que todos poidamos afrontar o futuro

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *