AD

Comercio

O «Circo Xirarei» de Noia gaña o concurso de comparsas de Brión

today5 marzo, 2025

Fondo
share close
AD
  • Centos de persoas participaron no tradicional desfiles e na Festa de Entroido posterior co Grupo Ritmo

4 de marzo de 2025.- A comparsa “Circo Xirarei” de Noia foi a gran gañadora do Concurso de Disfraces do Concello de Brión, celebrado este domingo e que reuniu a centos de participantes de toda a provincia. O tempo acompañou, polo que o desfile e o concurso puideron celebrarse sen incidencias, así como a gran festa de Entroido final coa actuación do Grupo Ritmo no parque de Lamiño.

O Concello de Brión repartiu máis de 2.500 euros en premios, elixidos por un xurado que valorou a creatividade e orixinalidade dos disfraces, a súa laboriosidade e a posta en escena durante o desfile, no que estiveron acompañados pola música da Charanga Os Celtas de Negreira.

Premiados nas cinco modalidades

Na categoría de comparsas entregáronse catro galardóns e un accésit. O primeiro premio de 300€ foi para o “Circo Xirarei” (Noia), seguido polas “Xirafas Peregrinas” (Oroso, 250€). Completaron o podio “Os Romanos de Pedrouzos” (Brión) e “Os Miudiños” (Muros), que gañaron 200 e 150€, respectivamente. Finalmente, o xurado outorgou un accésit de 100€ para “A Lobeirada” (Brión).

Na modalidade de grupos houbo catro premios e dous accésit. Así, os 200€ do primeiro premio foron para “Os Mini Picapedra” (Rois), mentres que os 175€ do segundo foron para “Las superheroínas nunca faltan” (Brión). O terceiro premio, dotado de 150€, recaeu na formación “Desayuna con alegría” (Ames) e o cuarto foi para “Os Potter” (Brión), que levaron 125€. En canto aos dous galardóns honoríficos, de 75€ cada un, foron para dous grupos locais: “Minimerry 2” e “As fadas gardiás do Monte da Rañalonga”.

Na modalidade individual, na categoría infantil (para cativada ata os 11 anos) o primeiro galardoado cun vale de 60€ en material didáctico foi a “Familia Loro” (A Estrada). O segundo premio, un vale de 50 €, recaeu no “Escorpiplasti” (Brión), mentres que o terceiro galardón, un vale de 40€, foi para o disfrace “Baila co Vento” (Noia). Por outra banda, na categoría adultos, os 100€ euros do primeiro premio foron para Negreira da man do “Furbi Remolón”, mentres o segundo premio, de 75€, foi para o “Pavo Real” (Brión).

Dentro da modalidade de parellas, repartíronse tres galardóns e un recoñecemento honorífico. Neste caso o primeiro premio, de 150€, foi para o dúo noiés “La Corona Británica”. Os 125€ do segundo premio foron para “Un amor monstruoso” (Noia), mentres que o terceiro premio, de 100€, foi para os “Minigreasse” (Brión). Finalmente, os 50€ do accésit foron para “Os Gamusinos” (Noia).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *