Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 marzo, 2024
A primeira etapa entre Porto do Son e Portobravo (16 km) terá lugar o domingo 7 de abril
27 de marzo de 2024.- O Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello de Lousame, organiza unha andaina polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia. Unha viaxe aberta a toda a veciñanza de Lousame e da comarca que terá lugar ao longo de tres etapas.
A primeira delas, os 16 quilómetros que separan Porto do Son de Portobravo, terá lugar o vindeiro domingo 7 de abril. As persoas participantes concentraranse ás 9:00 horas dese día na praza do Concello, de onde sairán en autobús ata Porto do Son.
O prezo por participar na actividade é de 5 euros, que se aboarán o mesmo día da andaina. As inscricións están abertas no Club de Xubilados de Lousame, na páxina web www.bandoticket.com ou enviando un whatsapp ao 653 22 16 55.
Esta será a segunda andaina organizada polo Club de Xubilados de Lousame nos últimos anos. A finais de 2022 e coincidindo coa celebración do Ano Santo Xacobeo xa organizaran unha primeira andaina seguindo a ruta xacobea. Unha andaina organizada en tres etapas e que tivo unha media de sesenta asistentes na súa primeira edición.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)