Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 mayo, 2025
A Praza da Quintana converterase o 30 de maio. a partir das 20.30 horas, nun templo da música coa celebración da terceira edición do Composfest, un festival promovido pola SD Compostela coa colaboración do Concello e que este ano se une á Sala Capitol para conmemorar o 90 aniversario dun dos referentes culturais da cidade. Grande Amore, Houlin’Jaus e Helena Egea compoñen un cartel de luxo no que promete ser un dos pratos fortes das Festas da Ascensión.
A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, destacou que as Festas da Ascensión, as “máis picheleiras”, caracterízanse por acoller grupos de enorme e ampla repercusión e o Composfest certifica un calendario que inclúe ás Tanxugueiras o xoves 29 de maio tamén na Praza da Quintana.
Grande Amore e Helena Egea reuníronse este luns para animar á veciñanza a acudir a esta festa. “Animamos a toda a xente a que veña, é a primeira vez que Grande Amore actúa na Praza da Quintana”, destacou Nuno, quen se mostrou emocionado por este acontecemento tras dez anos vivindo e Compostela. Pola súa parte, Helena Egea, tamén animou a todo o mundo a asistir a este concerto que abrirá ela mesma para dar paso o resto da programación “chulísima”, nas súas palabras.
Grande Amore
O grupo máis ruidoso da súa xeración. Guitarra, ritmo e voz, todo tan roto como sexa posible, Grande Amore son o grupo máis rockeiro e menos rockeiro ao mesmo tempo. Son Premio Martin Codax 2022 e Preminos MIN Mellor álbum en galego en 2024. Grande Amore lanzou III este ano, o seu terceiro disco publicado baixo o sello de Ernie Records.
Helena Egea
É un proxecto onde a voz é protagonista, evocando as grandes mulleres do jazz, do blues ou do rock. A paixón, a raiba e a frustración dan forma a historias e reflexións sociais, en inglés e en galego. Tras estrear o seu formato banda no Festival da Luz 2023, vén de lanzar o seu primeiro EP: Flares of Life, con temas tan destacados como “Glass” ou “Arrolo”.
Howling Jaws
Como banda convidada chegan os parisienses Howling Jaws. Dous anos despois do seu aclamado debut Strange Effect, presentan Half Asleep Half Awake, un segundo álbum cargado de himnos imparables, melodías luminosas e riffs ardentes que devolverán a fe no rock. Unha auténtica descarga de enerxía que conquistará á Quintana.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)