AD

Comarca

O Concello de Ames, galardoado pola súa xestión pública do deporte

today20 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

Este pasado venres, 13 de decembro, celebrouse en Carballo a Gala dos XV Premios Galicia á Xestión Deportiva, organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE)

Un evento no que o Concello de Ames foi galardoado co Premio á xestión pública do deporte, un recoñecemento ao traballo que se realiza neste eido desde o departamento de Deportes do Concello. Ao acto asistiron o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís

Ames, 20 de decembro de 2024.- Este pasado venres, 13 de decembro, celebrouse en Carballo a Gala dos XV Premios Galicia á Xestión Deportiva, organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE). Un evento no que o Concello de Ames foi galardoado co Premio á xestión pública do deporte, un recoñecemento ao traballo que se realiza neste eido desde o departamento de Deportes do Concello. Ao acto asistiron o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís.

O acto, celebrado no Pazo da  Cultura do Concello de Carballo, asistiron máis de 150 persoas do mundo do deporte e representantes das diferentes institucións. En representación do Concello de Ames, recoñecido nestes premios pola súa xestión pública do deporte, asistiron o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Deportes, Susana Señorís.

Resto de galardoados

As entidades e persoas galardoadas co resto de premios foron as seguintes:

-Premio á mellor persoa xestora do deporte: Miguel Lozano Garrido (Fundador e CEO da Empresa BZ55).

-Premio á mellor actividade ou programa deportivo: Club Rugby Fendetestas.

-Premio á xestión deportiva dun concello menor de 15.000 habitantes: Concello de Ribadeo.

-Premio á xestión pública do deporte: Concello de Ames.

-Premio á xestión deportiva empresarial: Distrito Estudio.

-Premio á xestión deportiva no terceiro sector: Federación Galega de Pádel.

-Premio ao mellor estudo ou innovación no deporte: Joan Celma Giménez (Presidente do Observatorio Internacional do Deporte).

-Premio ao mellor patrocinio deportivo: Fundación Luis Calvo Sanz.

-Premio á xestión sostible no deporte: Concello de Muras.

-Premio á xestión deportiva de inclusión social: Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco (Proxecto TUXELEIRES Rugby).

-Premio á xestión deportiva con perspectiva de xénero: BKC Coruña.

-Recoñecemento especial “José Luís Salvador”: Periódico digital 21 Noticias.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%