Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 abril, 2024
Arzúa, 19 abril.- Xoán Xesús Carril, Alcalde de Arzúa, mantivo unha reunión onte con representantes de Naturgy para abordar a cesión dos terreos de Portodemouros. Unha reunión que simboliza o primeiro paso para o avance de un proxecto máis ambicioso que busca transformar e dinamizar esta área convertindo o actual espazo en desuso nun centro de actividades deportivas e recreativas.
Neste encontro, que contou coa presenza da concelleira de Turismo, Begoña Balayo; Jose Angel Calvo Faraldo, responsable de Concesiones, Presas y Obra Civil; e Pilar Luque García, Directora de Generación Hidráulica por parte de Naturgy, explorouse a viabilidade de colaborar no desenvolvemento sustentable da zona. O diálogo foi positivo e centrado na posible habilitación de Portodemouros como unha área de ocio, que incluiría a recuperación de eventos deportivos e a creación de novas oportunidades para o turismo e o lecer local.
Durante a reunión, o Alcalde Xoán Xesús Carril destacou a importancia de equilibrar o desenvolvemento económico coa protección ambiental, afirmando: » Esta semana, reunímonos con Naturgy e poñemos sobre a mesa un proxecto que é respectuoso co medioambiente e que pretende dinamizar a economía da comarca sendo respetuosos co medio ambiente. Non renunciamos a xerar riqueza e emprego, nós temos un proxecto para Portodemouros que sabemos que funciona e que dinamizará a nosa economía sen poñer en risco a nosa forma de vida. ”
Por parte de Naturgy, Pilar Luque García expresou a disposición da empresa para traballar conxuntamente co Concello de Arzúa, destacando: «Naturgy está plenamente comprometida co desenvolvemento da contorna na que operamos, procurando sempre que a explotación dos recursos hidroeléctricos sexa compatible co benestar da veciñanza. Estamos dispostos a elaborar un convenio de cesión das infraestructuras para que as instalacións poidan ter un uso que beneficie directamente á vida na comarca.»
A iniciativa de recuperar Portodemouros alinéase cos esforzos de conservación ambiental do concello, e promete ser un motor de crecemento económico, atraendo visitantes e mellorando a calidade de vida dos habitantes da comarca. A través desta colaboración con Naturgy, o Concello de Arzúa busca establecer un exemplo de como é posible xerar desenvolvemento económico ao tempo que se preservan e potencian os recursos naturais do pais.
Para máis información sobre o desenvolvemento deste proxecto e futuras actualizacións, convidamos aos cidadáns a seguir as comunicacións oficiais a través da páxina web do Concello e as nosas redes sociais.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)