Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 marzo, 2026
O Concello de Oroso vén de poñer en marcha os traballos definitivos para corrixir as deficiencias detectadas no carril de vehículos da Praza Isaac Díaz Pardo, unha actuación que busca garantir a seguridade e a durabilidade deste espazo público.
As incidencias, derivadas principalmente do levantamento dalgunhas losas debido ao paso continuado de tráfico rodado, foran previamente comunicadas á empresa adxudicataria. Dende o goberno local requiriuse unha intervención eficaz que asegure unha solución permanente e evite a repetición destes problemas no futuro.
A actuación consistirá no formigonado do carril de circulación, unha medida que, ademais de mellorar a resistencia do pavimento, permitirá diferenciar visualmente esta zona do resto da praza. Este cambio contribuirá tamén a reforzar a seguridade peonil, facilitando unha convivencia máis ordenada entre vehículos e viandantes.
O Concello sinala que os traballos se executarán no menor prazo posible, co obxectivo de minimizar as molestias para a veciñanza e garantir que a praza poida ser utilizada en condicións óptimas canto antes.
Con esta intervención, o Concello de Oroso reafirma o seu compromiso coa mellora continua dos espazos públicos e coa calidade das actuacións urbanísticas no municipio.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)