AD

Arte y Cultura

O Concello de Padrón convoca o XI Certame poético Rosalía de Castro

today18 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

• O premio está dotado con 1.500 euros, un diploma acreditativo e a publicación da obra gañadora
• Poderán presentarse obras inéditas en galego cun mínimo de 400 versos
• O prazo de presentación vai do 3 de xaneiro ao 17 de marzo

Padrón.18-12-2024.- O Concello de Padrón, en colaboración coa Casa de Rosalía, convoca a XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro. Este certame literario ten como obxectivo promover a poesía en lingua galega e renderlle homenaxe á escritora máis universal das nosas letras.

A participación está aberta a persoas de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas en galego, non premiadas noutros concursos. O tema e a forma poética son libres, mais os traballos deben contar cunha extensión mínima de 400 versos e presentarse en papel, con letra Arial tamaño 12, por quintuplicado e baixo o sistema de plica.

O prazo para o envío das obras comeza o 3 de xaneiro e remata o 17 de marzo de 2025. Deberán remitirse ao Concello de Padrón, Rúa Longa nº 27, 15900 Padrón (A Coruña), indicando no sobre «XI Premio de Poesía Rosalía de Castro».

O xurado, composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura galega e presidido polo alcalde de Padrón, dará a coñecer a obra gañadora antes do 17 de maio de 2025. O premio será entregado nun acto público que se celebrará en datas próximas ao Día das Letras Galegas.

A obra gañadora recibirá un premio único de 1.500 euros, un diploma acreditativo e será publicada na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.

As bases completas do certame poden consultarse na páxina web do Concello ou solicitando información no correo electrónico cultura@padron.gal ou no teléfono 981 811 329.
Na pasada edición, o gañador foi o pintor e poeta vilagarcián Xurxo Alonso García coa obra presentada baixo o lema Acta de sospeita.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *