Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Rianxo vén de finalizar os traballos de renovación do firme no núcleo de Quintáns, na parroquia de Isorna, tras acometer importantes actuacións relacionadas co saneamento e abastecemento de auga potable en toda a aldea.
As obras, financiadas a través do Plan Único da Deputación da Coruña cun orzamento superior aos 215.000 euros, permitirán conectar unhas 35 vivendas á depuradora existente, eliminando unha zona de risco de vertidos ao río Ulla. Ademais, solucionarán os problemas de abastecemento que se rexistraban durante a época estival.
Entre as melloras destacadas, inclúese a instalación dun pozo de bombeo que permitirá incorporar á rede xeral unhas oito vivendas situadas nunha cota máis baixa que a rede preexistente.
Con esta actuación, o Concello de Rianxo continúa apostando pola mellora das infraestruturas básicas e pola protección do medio ambiente, garantindo unha maior calidade de vida para a veciñanza de Quintáns.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)