AD

Comarca

O concerto de Abraham Cupeiro en Bertamiráns recada 4.500 € para investigar a enfermidade de Dent

today31 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Bertamiráns, 31 de maio de 2025.- A música, a emoción e a solidariedade deron lugar onte a unha noite inesquecible no auditorio de Bertamiráns, coa celebración do concerto solidario “Resoando no pasado”, protagonizado polo recoñecido músico galego Abraham Cupeiro. Cun cheo absoluto e un público completamente entregado, a velada converteuse nun auténtico acontecemento en apoio á investigación da enfermidade de Dent, unha doenza minoritaria que precisa do compromiso de todos e todas para seguir avanzando.

Dende o primeiro momento, Cupeiro conseguiu cativar aos asistentes coa súa proposta única: recuperar instrumentos ancestrais para darlles nova vida no presente. A combinación de sons antigos cunha interpretación fondamente contemporánea creou unha atmosfera máxica que tocou o corazón de todas as persoas presentes. Ademais, o concerto facía partícipe ao público en diferentes momentos, xerando unha conexión directa e emocional que transformou a actuación nunha experiencia colectiva e profundamente humana.

Vestindo a camiseta solidaria «Mamá», que se vende gracias á empresa ReiZentolo e coa que a asociación viste a Rosalía no mural situado en Ames e en Brión.

Grazas á venda de entradas e aos discos que o propio Cupeiro doou de forma altruísta para a causa, conseguiuse recadar un total de 4.500 euros, que serán destinados integramente á investigación da enfermidade de Dent.

Dende Art for Dent queremos expresar o noso profundo agradecemento a Abraham Cupeiro, non só pola súa música, senón tamén pola súa cercanía, o seu cariño e o seu compromiso coa nosa causa. A súa actuación foi un agasallo para os sentidos e un impulso de esperanza para todas as persoas que convivimos con esta enfermidade.

Un momento emotivo da noite chegou ao final do concerto, cando Fernando Yáñez, fixo entrega a Cupeiro dun retrato de grandes dimensións como mostra de agradecemento pola súa implicación e xenerosidade. Un detalle que emocionou visiblemente ao artista, quen respondeu con palabras cheas de afecto e humildade.

Grazas de corazón a todas as persoas que nos acompañaron e que, coa súa presenza e apoio, fixeron posible esta noite tan especial. Este concerto enmárcase dentro do Fest for Dent, festival solidario que terá o seu culme o día 21 de xuño a partir das 17.00 h no Parque do Ameneiral en Bertamiráns, coa colaboración dos concellos de Ames e Brión.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *