AD

Actualidad

O CPR Vila de Arenteiro acolle este xoves unha nova edición do programa “Fala que Fala”

today13 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

O proxecto educativo Fala que Fala, impulsado por Radio Líder coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, fai parada este xoves no CPR Plurilingüe Vila de Arenteiro, en O Carballiño. Alí emitiranse en directo (10:00 a 12:00) os contidos deste quinto programa da tempada, cun formato participativo e multimedia que aposta por achegar o galego á mocidade a través da radio.

A convidada escollida polo alumnado de e da ESO para a entrevista principal será a pulpeira carballiñesa Marina Moure Álvarez, figura destacada da tradición gastronómica local.

Unha vez finalizado o programa, o alumnado participante grava distintas pezas multimedia fomentando o uso do galego que se emiten a través de Radio Líder e das redes sociais da emisora.

Logo do seu paso polo IES Oroso, o Liceo La Paz da Coruña, o IES Manuel García Barros da Estrada e o IES Ordes, Fala que Fala continúa así o seu percorrido polos centros educativos galegos, combinando dinamización lingüística e creatividade en cada parada.

A próxima cita será o 3 de xuño no IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa. E como peche desta primeira tempada, o 10 de xuño celebrarase na Cidade da Cultura de Galicia unha gran festa do galego organizada por Radio Líder co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e doutras entidades colaboradoras. O evento reunirá o alumnado participante dos seis programas e contará con múltiples sorpresas para a mocidade.

Radio Líder coa mocidade e coa lingua

Ademais, este venres pola tarde, Radio Líder Santiago súmase aos actos do Día das Letras Galegas cun programa especial gravado desde o Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela. Un espazo para celebrar o noso idioma con música, entrevistas e moita participación.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *