600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
A segunda edición de Fala que Fala, o proxecto educativo e multimedia impulsado por Radio Líder coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, pechouse este mércores na Cidade da Cultura de Galicia cunha gran gala na que participaron preto de 600 alumnas e alumnos de oito centros educativos galegos. O evento, celebrado no Edificio Fontán, converteuse nunha auténtica festa da lingua galega, da creatividade e da música feita pola mocidade. Durante o acto, o alumnado dos diferentes institutos e colexios […]