AD

Comercio

O Deportivo e Feiraco lanzan unha edición limitada da camiseta do Súper Dépor

today8 diciembre, 2023

Background
share close
AD
  • A histórica elástica estará dispoñible a partir de hoxe na tenda online do Club e a partir do sábado nas tendas físicas
  • Tamén se poderá conseguir participando nunha campaña de Feiraco en varios supermercados da cidade da Coruña ao longo deste mes

Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2023.- Fotografía da presentación da reedición da camiseta. De dereita a esquerda: Juan Gallástegui, director xeral de Clun, Álvaro Valentín García, presidente do RC Deportivo, Jose Ángel Blanco, presidente de CLUN e Massimo Adalberto Benassi, director xeral do RC Deportivo.

A empresa láctea Feiraco -integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, a maior cooperativa leiteira de Galicia, con sede no concello coruñés de Ames- e o RC Deportivo da Coruña únense para conmemorar o 117 aniversario do Club cun lanzamento moi reclamado polo deportivismo. Ambas entidades sacan á venda una edición limitada da primeira camiseta verde que luciu o equipo herculino, presente no imaxinario colectivo pola súa vinculación a algunas temporadas históricas como a da conquista da Liga de Primeira División 1999-2000.

Hai unhas semanas Feiraco poñía en marcha a campaña “Todo se decide no campo”, na que a épica do fútbol se traslada ao mundo gandeiro, coa lendaria camiseta como protagonista. A raíz desta iniciativa, xorde a colaboración co Deportivo para traer de volta unha nova edición da histórica elástica do Súper Dépor, especialmente solicitada ademais polo público trala aparición do actor galego Martiño Rivas no programa “El Hormiguero” de Antena 3 TV.

Baixo o lema “Escoitamos a afección, escoitamos o campo”, o Deportivo e Feiraco presentan una camiseta coa que respostan á alta demanda e interese trasladado polos seguidores branquiazuis e tamén polo sector gandeiro. A réplica, de novo co escudo oficial deportivista, reproduce todos os detalles da prenda que fora utilizada desde o ano 1997 ao 2000.

A Réplica Away 97/00 vai acompañada dun packaging especial coa marca Heritage, baixo a que o Club englobará as reedicións de prendas que teñen un simbolismo destacado para a afección deportivista. Nese empaquetado constan tamén os 19 partidos e resultados obtidos vestindo esa camiseta, así como unha pequena historia da mesma.

O RC Deportivo recibiu esta semana en Abanca-Riazor a unha representación de Feiraco, encabezada polo seu presidente, José Ángel Blanco; e o seu director xeral, Juan Gallástegui. Realizaron unha visita ao estadio do Club herculino e tiveron a oportunidade de ver de novo algunhas das camisetas xa históricas da etapa na que a empresa láctea foi patrocinadora do equipo.

Como conseguir a histórica camiseta

O público interesado ten varias opcións para conseguir a histórica camiseta. Desde este venres, 8 de decembro, a partir das 10:00 horas, estarán dispoñibles na tenda online do Deportivo cunha venda limitada. O sábado e o domingo haberá tamén venda limitada na DéporTienda de Abanca-Riazor, en horario de 10:00 a 20:30 horas; e, a partir do luns 11, poderá adquirirse en todas as DéporTiendas. O prezo da elástica é de 65 euros.

O sábado 9, a partir das 10:00 horas, Feiraco estará no Carrefour Alfonso Molina da cidade herculina cunha dinámica para facilitar o acceso a esta camiseta. As persoas interesadas en facerse cunha destas elásticas deberán mercar dúas caixas de leite Feiraco nese supermercado e ensinar o tícket de compra ás azafatas presentes no establecemento. Isto permitiralles participar na ruleta de Feiraco que atoparán no exterior do supermercado. Cunha tirada terán a oportunidade de gañar moitos premios, entre eles a demandada camiseta do Deportivo.

Esta iniciativa repetirase o sábado 16 de decembro, tamén a partir das 10:00 horas, nesta ocasión no Alcampo de Lugar Palavea nº 1 da Coruña. E no mes de xaneiro haberá novas citas noutros supermercados da cidade. Ademais, a camiseta estará proximamente á venda na tenda online que está a piques de abrir Feiraco e cuxo lanzamento se anunciará a través das súas redes sociais.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%