AD

Comarca

O equipo feminino de atletismo sub14 do MillaRaio clasifícase para o campionato de España

today7 octubre, 2024

Fondo
share close
AD
  • O clube participará no campionato de España sub14 por equipos esta fin de semana, onde competirá con trinta clubes de todo o país
  • O equipo estará formado por nove atletas
  • Esta é a novena ocasión na que o clube consegue clasificarse para este campionato

Ames, 7 de outubro de 2024.– O club de atletismo MillaRaio remata a tempada de aire libre con grandes resultados. Despois de obter moi bos resultados no campionato autonómico, o equipo sub14 feminino do clube participará no campionato de España sub14 por equipos esta fin de semana, onde competirá con trinta clubes de todo o país.

Os días 12 e 13 de outubro celebrarase en Alcobendas o campionato de España Sub14 por equipos. A esta cita o equipo amiense MillaRaio acudirá co seu equipo sub14 feminino, despois de lograr a súa clasificación para a competición nacional. Esta é a novena ocasión na que o clube consegue clasificarse para este campionato.

O equipo estará formado por nove atletas: Lucía Buján, Adriana Fernández, Claudia Vila, Helena Guillén, Martina Centenera, Vera Martínez e Sara Barreiro do MillaRaio; e Ariana Iglesias e Cayetana García do club filial Atletismo Noia.

O equipo viaxará cos adestradores Anxo Lema e Laura Barbazán e varios membros da directiva grazas á axuda da Deputación da Coruña e á colaboración con Addomo Arquitectura Modular.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *