AD

Comarca

O equipo sénior masculino do Milladoiro SD logra o ascenso a segunda Futgal

today20 mayo, 2025

Fondo
share close
AD
  • O equipo sénior masculino do Milladoiro vén de conseguir este pasado domingo, 18 de maio, o ascenso de forma matemática a segunda Futgal. O equipo amesán sumou un empate ante o CF Rarís que lle permite ascender de categoría
  • Na última xornada xogará ante a SD Araño para defender a primeira posición que ocupa actualmente na clasificación e conseguir deste xeito o campionato de Liga no primeiro grupo de fase de ascenso da terceira Futgal

Ames, 20 de maio de 2025.- O equipo sénior masculino do Milladoiro vén de conseguir este pasado domingo, 18 de maio, o ascenso de forma matemática a segunda Futgal. O equipo amesán sumou un empate ante o CF Rarís que lle permite ascender de categoría. Na última xornada xogará ante a SD Araño para defender a primeira posición que ocupa actualmente na clasificación e conseguir deste xeito o campionato de Liga no primeiro grupo de fase de ascenso da terceira Futgal.

A falta dunha xornada para o remate do campionato de Liga o equipo sénior masculino do Milladoiro SD xa ten asegurado o ascenso de forma matemática e loitará a vindeira fin de semana por conseguir o título de Liga ante a SD Araño.

O equipo amesán xogará a domicilio na parroquia de Araño, pertencente ao concello de Rianxo, mentres que o segundo clasificado, o Porto do Son CF, que está a só un punto de distancia do Milladoiro SD, xogará tamén a domicilio contra o SH Palmeira.

O Milladoiro SD realizou unha gran temporada cuns números ata o momento de 8 vitorias, 3 empates e tan só 2 derrotas no grupo 1 de fase de ascenso da terceira Futgal.

O equipo amesán leva 34 goles marcados e 13 encaixados, sendo o equipo máis goleador e con menos goles encaixados. Ademais, o máximo goleador do grupo é Jhean Carlos Jaramillo Rojas con 10 goles en 12 partidos e unha media goleadora de 0,83 goles por partido.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *