AD

Actualidad

O F.C. Meigas e o presidente da Confraría da Madalena, pregoeiros de Ames en Festas 2024

today31 julio, 2024

Fondo
share close
AD

O pregón de inicio das festas, no Milladoiro, será a cargo de Alberto Gómez, presidente da Confraría da Madalena do Milladoiro, mentres que o de peche das festas, en Bertamiráns, ofrecerao o Fútbol Club Meigas, en representación do deporte feminino do concello

Este  martes mantívose unha xuntanza para organizar as festas e mailo operativo de seguridade que se manterá activo durante os 10 días de festexos. Estará coordinado pola Policía Local e nel colaborará o persoal da Agrupación de Protección Civil

O martes, 6 de agosto, no arque verde central do Milladoiro (que se atopa ao carón do pavillón polideportivo e da piscina descuberta) vaise celebrar unha festa infantil con diferentes actividades pensadas para os rapaces e rapazas. Esta mesma festa repetirase en Bertamiráns o sábado 10 de agosto no parque do Ameneiral

Ames, 30 de xullo de 2024.- A programación de Ames en Festas 2024 está a piques de comezar. Serán 10 días de festas seguidos, primeiro no Milladoiro, do venres 2 ao martes 6, e despois en Bertamiráns, do mércores 7 ao domingo 11 de agosto. As mellores orquestras de Galicia pasarán por Ames Este ano como novidade haberá dous pregóns, un de inicio nas festas, no Milladoiro, o sábado 3 de agosto a cargo de Alberto Gómez, presidente da Confraría da Madalena do Milladoiro; e outro de peche das festas, en Bertamiráns, o domingo 11 de agosto durante a sesión vermú, que ofrecerá o Fútbol Club Meigas. Esta mañá mantívose unha xuntanza para organizar o operativo de seguridade que se manterá activo durante os 10 días de festas.

O vindeiro venres, 2 de agosto, comeza a programación de Ames en Festas 2024. Serán de 10 días de festexos, dende o venres 2 ata o domingo 11 de agosto, nas localidades do Milladoiro e Bertamiráns. Na organización de dita programación colaboran o Concello de Ames, as comisións de festas da Madalena e da Peregrina, e a Xuntanza de Empresarios de Ames.

As mellores orquestras de Galicia pasarán por Ames: Panorama, Gran Parada, Metrópolis, Combo Dominicano, París de Noia, Os Satélites e Los Coleguitas. Tamén haberá concertos a cargo de Guadi Galego, do grupo La Banda de Ayer e Tania Veiras. Este ano como novidade haberá dous pregóns, un de inicio das festas, no Milladoiro, o sábado 3 de agosto, e outro de peche, en Bertamiráns, o domingo 11 de agosto durante a sesión vermú.

Deste xeito, o pregón de inicio das festas, no Milladoiro, será a cargo de Alberto Gómez, presidente da Confraría da Madalena do Milladoiro, mentres que o de peche das festas, en Bertamiráns, ofrecerao o Fútbol Club Meigas, en representación do deporte feminino do concello.

Operativo de seguridade para as festas

Esta mañá mantívose unha xuntanza para organizar as festas e mailo operativo de seguridade que se manterá activo durante os 10 días de festas. En dita reunión de traballo participaron o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García; o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto; a técnica do departamento municipal de Cultura, María Vázquez; o responsable da brigada municipal de obras, Juan Calvo; representantes das comisións de festas do Milladoiro e de Bertamiráns; persoal de Xuntanza de Empresarios de Ames e da empresa Cunde; o oficial da Policía Local de Ames e persoal da Agrupación de Protección Civil.

En dita xuntanza pecháronse os últimos detalles sobre a organización das festas e tamén se presentou o operativo de seguridade que estará coordinado pola Policía Local e no que colaborará o persoal da Agrupación de Protección Civil.

Festa infantil para a rapazada

Ademais, esta mañá pechouse a organización de dúas festas infantís dirixidas aos nenos e nenas e ás súas familias, que se enmarcan dentro da programación das festas do Milladoiro e de Bertamiráns.

O martes, 6 de agosto, no parque verde central do Milladoiro (que se atopa ao carón do pavillón polideportivo e da piscina descuberta) vaise celebrar unha festa infantil con diferentes actividades pensadas para os rapaces e rapazas. Esta mesma festa repetirase en Bertamiráns, o sábado 10 de agosto, no parque do Ameneiral.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%