Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 enero, 2026
Toño Villar, con estudio en Bertamiráns, foi nominado no apartado de postvoda e no apartado de gráfico
A XXII gala dos Premios Goya de Fotografía celebrase o vindeiro 7 de febreiro en Zaragoza, onde se darán a coñecer os/as fotógrafos premiados/as
Ademais, no pasado mes de novembro Toño Villar logrou unha medalla de bronce e unha mención de honra nos Tokyo International Foto Awards (TIFA)
Ames, 23 de xaneiro de 2026.- O fotógrafo amesán Toño Villar, con estudio en Bertamiráns, foi nominado en dúas categorías para os Premios Goya de fotografía (no apartado de postvoda e no apartado de gráfico). A XXII gala dos Premios Goya de Fotografía celebrase o vindeiro 7 de febreiro en Zaragoza, onde se darán a coñecer os/as fotógrafos premiados/as. Ademais, no pasado mes de novembro Toño Villar logrou unha medalla de bronce e unha mención de honra nos Tokyo International Foto Awards (TIFA).
Ames estará representado na XXII gala dos Premios Goya de Fotografía que se vai celebrar o vindeiro 7 de febreiro en Zaragoza. O fotógrafo amesán Toño Villar, con estudio en Bertamiráns, foi nomeado en dúas categorías para os Premios Goya de fotografía (no apartado de postvoda e no apartado de gráfico).
Toño Villar explica que “a falta de esperar ata o vindeiro día 7 de febreiro, día que se fallarán os premios, ter dous nomeamentos en dúas categorías distintas, é un tremendo motivo de orgullo para min, dado que é a primeira vez que me presento a ditos premios, posiblemente os máis importantes a nivel nacional”.
Tokyo International Foto Awards (TIFA)
Estes nomeamentos súmanse a outros recoñecementos recentes xa que nos pasados meses conseguiu tres nomeamentos nos Premios Nacionais Quijote, dous nomeamentos nos Premios FEPFI, unha medalla de bronce e unha mención de honra nos Tokyo International Foto Awards.
Cómpre destacar que nos Tokyo International Foto Awards (TIFA), fallados no pasado mes de novembro, concedéronlle unha medalla de bronce, na categoría de natureza, pola foto Árbol solitario; e unha mención de honra, na categoría de paisaxe, pola instantánea Niebla en Consuegra.
Exposición O artesán, as mans sabias
Por outra banda, hai que lembrar que Toño Villar, en colaboración co departamento de Cultura do Concello de Ames, expuxo en outubro de 2024, no vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns, a mostra O artesán, as mans sabias, composta por 21 imaxes que recollen o traballo de Xosé Tunhas, artesán e veciño da parroquia de Trasmonte.
A través das diversas imaxes que integran a mostra, Villar documenta o proceso de fabricación artesanal que segue Tunhas para crear pezas únicas, desde os primeiros pasos ata o produto final. Esta exposición está formada por 21 láminas de un total de 80 sobre o traballo deste artesán.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)