AD

Actualidad

O goberno de Ames cabreado pola xudicialización do proxecto de humanización do Milladoiro

today8 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O rexedor amesá vinculou a forma de actuar da Xunta de Galicia coa necesidade de facerlle oposición ao Goberno de España a estas alturas de campaña electoral así como de atopar unha compensación económica polo desvío do tráfico polas vías autonómicas: “Para esta Xunta de Galicia a saúde e a seguridade dos veciños do Milladoiro custa 2 millóns de euros e un puñado de votos”, resume García

O alcalde tamén lle afea tanto á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, como ao Director da AXI, Francisco Menéndez, a falta de respecto institucional que amosaron durante todo este proceso, dende o primeiro anuncio en prensa en outubro do ano pasado ata a comunicación oficial, 5 meses despois, por vía dun recurso contencioso administrativo

Ames, 7 de febreiro de 2023.- A Xunta de Galicia vén de comunicar, con data do 6 de febreiro de 2024, por medio do Director Xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez Iglesias, que presentará un recurso contencioso administrativo contra o proxecto de humanización da travesía do Milladoiro. Este anuncio chegou 5 meses despois de que Menéndez, nunha intervención na Comisión 2ª do Parlamento Galego, adiantara que a Xunta de Galicia interporía un recurso para paralizar o proxecto de humanización da travesía do Milladoiro.

O rexedor amesá vinculou a forma de actuar da Xunta de Galicia coa necesidade de facerlle oposición ao Goberno de España a estas alturas de campaña electoral así como de atopar unha compensación económica polo desvío do tráfico polas vías autonómicas: “Para esta Xunta de Galicia a saúde e a seguridade dos veciños do Milladoiro custa 2 millóns de euros e un puñado de votos”, resume García.

O alcalde tamén lle afea tanto á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, como ao Director da AXI, Francisco Menéndez, a falta de respecto institucional que amosaron durante todo este proceso, dende o primeiro anuncio en prensa en outubro do ano pasado ata a comunicación oficial, 5 meses despois, por vía dun recurso contencioso administrativo: “Esta Alcaldía tendeu sempre a man para buscar unha solución e non obtivo resposta nin por parte da Conselleira nin do director. Nunca buscaron o acordo, quixeron chegar a este punto dende o primeiro instante”.

Nos vindeiros días, cando se coñeza o contido da demanda, o Concello de Ames estudará as accións a levar a cabo xunto a Delegación do Goberno e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

A humanización da travesía do Milladoiro (N-550)

Este proxecto consiste na humanización da estrada N-550 entre os puntos quilométricos 67+075 e 68+600, na travesía do Milladoiro, co obxectivo de calmar o tráfico e adaptar a infraestrutura aos usuarios vulnerables, mellorando a mobilidade, seguridade e sustentabilidade. Esta actuación finánciase con cargo ao programa de mellora de contornas urbanas do Plan de Recuperación, dotado con 105 millóns dos fondos europeos.

A avenida de Rosalía de Castro disporá dun único carril de circulación en cada sentido e unha mediana con xardín entre os carrís de circulación. Ademais, en función do espazo dispoñible crearanse unha ou dúas liñas de aparcamento con zonas de carga e descarga, así como beirarrúas con maior anchura e un carril bici. A actuación executarase nun trazado dun quilómetro e medio entre a rotonda de entrada ao Milladoiro e maila rotonda que está ao carón do supermercado Gadis. En dita travesía crearanse dúas novas intersección (glorietas); unha delas a altura da rúa Figueiras e da rúa Curuxa, mentres que a segunda estará situada entre as rúas Castelao e a rúa Madalena.

Deste xeito, a actuación na avenida de Rosalía de Castro converterá a actual travesía, pola que circulan 30.000 vehículos diarios, nunha vía urbana para mellorar a seguridade viaria, impulsar a mobilidade sostible e mellorar a calidade de vida da poboación da súa contorna. O proxecto contempla a reordenación e optimización do espazo público, pavimentación de beirarrúas e carrís de circulación, así como a xeración de itinerarios peonís accesibles. Daráselle prioridade ao transito peonil pero sen restrinxir o tráfico rodado. Ademais, renovaranse as zonas de parada do servizo de transporte metropolitano.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%