Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Negreira, 13 de marzo do 2025 – O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, participou esta tarde na concentración convocada diante do Centro de Saúde para reclamar o mantemento do servizo de nutricionista.
Leis sumouse a esta convocatoria do BNG xa que entende que, como alcalde, ten que apoiar todas as demandas da cidadanía ao marxe de quen as convoque. Como rexedor considera que “si ben este tipo de concentracións son necesarias desde o concello temos solicitadas xa en tres ocasións novas reunións coa xerencia do SERGAS”.
Para Manuel Ángel Leis a perda do nutricionista “é un paso máis no desmantelamento da sanidade pública que está levando a cabo a Xunta. Pasamos de 90 nutricionistas en toda Galicia a 45, o que acudía a Negreira atendía tamén a Baña polo que o recorte e evidente”.
O alcalde lembra ademais as tres solicitudes de reunión pendentes de ser contestadas xa que “o nutricionista é o último de unha larga serie de problemas. As instalacións do Centro de Saúde teñen deficiencias como a falta de espazo ou de accesibilidade pero ademais o SERGAS ten constancia de varias reclamacións relativas ao comportamento e trato do persoal que atende as urxencias”.
Leis reclama que se atendan as demandas de reunión e pide ter un Centro de Saúde digno xa que “somos capital dunha comarca moi importante, atendemos a veciños de varios concellos e queremos unha sanidade moderna e dotada con todo o necesario”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)