AD

Actualidad

O goberno municipal de Dodro traballa na aprobación definitiva dunha nova RPT

today21 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • O pasado mes de maio levouse a pleno unha modificación consensuada da Relación de Postos de Traballo que foi finalmente retirada do pleno.

Dodro, 21 de decembro do 2023.- O goberno municipal de Dodro están mantendo reunións con tódolos grupos políticos co fin de chegar a un acordo amplo co fin de ampliar e mellorar a Relación de Postos de Traballo do concello.

No pleno do 7 de xuño decidiuse retirar da orde do día a modificación número 1 da Relación de Postos de Traballo dado que o goberno municipal estaba en funcións despois das eleccións do 28 de maio.

Aquel documento viña cunha aprobación inicial, polo que parece que tiña garantido un apoio suficiente que o goberno municipal espera que se manteña en esta ocasión. A nova distribución política do pleno municipal levou á necesidade das actuais reunións coas que se quere atopar aquela maioría ou, se fose posible, aumentala.

O goberno municipal lembra que esta modificación é precisa xa que supón habilitar novos postos de traballo necesarios para o funcionamento do concello. Servirá tamén de punto de partida para a negociación dun novo convenio laboral co que se pretende mellorar a situación laboral e económica de todos os traballadores.

Atopar o acordo entre os grupos pode servir de marco para acadar novos consensos que fagan avanzar a Dodro. Ao mesmo tempo é algo que os mesmos traballadores do concello reclaman e que non pode agardar máis.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%