AD

Actualidad

O grupo municipal socialista alerta da situación “insostible” en Bando e pide un protocolo urxente

today4 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

A concelleira socialista Marta Abal advertiu de que a situación no refuxio de Bando é insostible tras este segundo ataque, e reclamou ao Goberno de Sanmartín a aprobación inmediata dun protocolo e formación para o persoal.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Santiago esixe ao Goberno local a aprobación inmediata dun protocolo específico para animais potencialmente perigosos no refuxio de Bando, despois de que se producise un novo ataque que deixou ferido a un traballador. Trátase do segundo incidente en poucos días, o que, segundo denuncian, “evidencia que a situación é insostible”.

A concelleira socialista Marta Abal trasladou o apoio das e dos socialistas ao traballador afectado e desexoulle unha pronta recuperación. “Queremos trasladar o noso apoio e desexar unha pronta recuperación ao traballador afectado, pero tamén queremos reiterar as propostas que fixemos no último padroado”, indicou.

Entre esas propostas, Abal destacou “a aprobación urxente dun protocolo especifico para animais potencialmente perigosos, pero tamén a implantación de formación obrigatoria e especializada para o persoal”.

As e os socialistas solicitarán que se convoque de inmediato unha sesión extraordinaria do padroado de Bando para aprobar o protocolo e garantir recursos destinados á formación. “Solicitaremos que se convoque de inmediato unha sesión extraordinaria do padroado para aprobar o protocolo, que se dispoñan de recursos para a formación e que non se deixen estes sucesos sen resposta. Non se pode seguir mirando para outro lado”, advertiu a concelleira.

“O Goberno municipal debe garantir con carácter inmediato a seguridade das persoas e o benestar dos animais do refuxio de Bando”, concluíu Abal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *