Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 septiembre, 2025
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista, a través da concelleira Marta Abal, denunciou hoxe o crecente abandono de rúas e espazos públicos na cidade, onde as herbas medran sen control, invadindo beirarrúas, muros e zonas de tránsito. Segundo Abal, esta situación evidencia a falta de actuación efectiva do goberno local e unha clara desidia no mantemento da cidade.
“Non é só unha cuestión estética: afecta á seguridade das veciñas e veciños, incrementa o risco de esvaróns e caídas, e transmite unha imaxe de abandono que non é aceptable para unha cidade como Santiago”, explicou a concelleira socialista.
Dende o Grupo Municipal Socialista aseguran que esta problemática non é nova e recordan que xa presentaron varias iniciativas en pleno para a elaboración dun “plan de intervención” que permita controlar o crecemento da maleza de forma efectiva. “A limpeza manual que se realiza actualmente resulta insuficiente. Instamos ao goberno local a actuar con urxencia, planificando medidas que combinen a protección do medio ambiente co mantemento axeitado da cidade”, engadiu Abal.
As e os socialistas subliñan que as veciñas e veciños de Santiago merecen espazos públicos coidados, accesibles e agradables, e que é responsabilidade do goberno local garantir que así sexa.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)