AD

Actualidad

O Grupo Municipal Socialista reafirma a continuidade de Muíños como portavoz

today17 enero, 2025

Fondo
share close
AD

O Grupo Municipal Socialista, reunido na tarde do venres 17 de xaneiro de 2025, e ante a resolución recibida relativa ao expediente aberto ao portavoz municipal, Gonzalo Muíños, e ante a Resolución 004 da Comisión Executiva Municipal, acorda por maioría o seguinte:

1. Ratificar que a situación e composición do Grupo Municipal Socialista non varía, unha vez coñecida a resolución notificada a Gonzalo Muíños Sánchez e informados de que, en cumprimento do dereito que o ampara, o portavoz decidiu que interporá recurso ante a Comisión Federal de Ética e Garantías dentro do prazo outorgado pola Comisión Executiva Federal do PSOE nesta resolución -que non é firme-.

2. Reafirmar a confianza do Grupo Municipal Socialista en Gonzalo Muíños Sánchez, para a súa continuidade no cargo de portavoz municipal, ante a Resolución 004 da CEM coa proposta doutro nome para o cargo, e en cumprimento do que se desprende da interpretación do artigo 24 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e do artigo 29 do Regulamento Orgánico Municipal, que indican que a competencia para a revogación da portavocía dun grupo municipal corresponde aos integrantes do grupo político municipal mediante acordo maioritario.

3. Manifestar o noso rotundo apoio ao portavoz, Gonzalo Muíños Sánchez, ante uns feitos inxustos, que pretenden alterar a representatividade no Concello de Santiago de Compostela, menoscabando os seus dereitos fundamentais, e cuxo obxectivo último era, desde o principio, a suplantación do Grupo Municipal Socialista e a nosa exclusión do debate público na nosa cidade chegando a esixir dimisións arbitrarias.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *