Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 octubre, 2025
Marta Abal pide ao Concello que priorice a dotación de saneamento na Curuxeira e alerta dos vertidos de augas fecais e dos riscos ambientais e sanitarios que sofre a zona, instando ao Goberno local a cumprir cos compromisos co rural compostelán.
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Santiago insta ao Concello a garantir o servizo de saneamento na zona da Curuxeira, unha demanda veciñal que continúa sen resposta despois de anos de reclamacións. A concelleira socialista Marta Abal lembrou que “o saneamento é un servizo básico que a administración local debe garantir aos seus veciños e veciñas”.
Abal explicou que “na Curuxeira levan anos reclamando algo tan esencial como contar cunha rede de saneamento que dea servizo a todas as vivendas e poña fin aos vertidos de augas fecais”. Segundo sinalou, os desbordamentos actuais desde a rede de Teo “xeran contaminación ambiental, risco para a saúde e danos aos ecosistemas”.
Co obxectivo de dar resposta a esta situación, o Grupo Municipal Socialista presentou un rogo para o Pleno de outubro para que o Goberno local inclúa esta actuación na planificación municipal e garanta a súa execución no ano 2026. “Desde o Grupo Municipal Socialista traballamos para cumprir os compromisos co rural. Por iso, presentamos no Pleno de outubro un rogo para que a Curuxeira conte con saneamento no ano 2026”, destacou a concelleira.
Abal apuntou que a solución podería pasar por dúas vías: “Isto poderíase conseguir ben mediante a construción dunha infraestrutura propia, ou mediante unha infraestrutura compartida co Concello de Teo que permita conectar as vivendas á súa rede”.
A edil subliñou que o obxectivo das e dos socialistas é “acabar cos vertidos, garantir servizos básicos para os nosos veciños e veciñas e protexer o noso rural”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)