AD

Comarca

O IES de Arzúa celebra os Erasmus Days

today17 octubre, 2024

Fondo
share close
AD
  • Os Erasmus Days celébranse ao mesmo tempo en milleiros de centros por toda Europa.
  • O IES de Arzúa é unha escola acreditada Erasmus+ desde 2022.

Arzúa, 17 de outubro do 2024 – O IES de Arzúa celebra hoxe é mañá os Erasmus Days, xunto con a milleiros de centros de toda Europa, como se pode ver no seguinte enlace https://www.erasmusdays.eu/events/ .

O IES de Arzúa é unha escola acreditada Erasmus+ desde 2022, acreditación concedida até 2027. O instituto ten na actualidade varios programas Erasmus, un de ensino regular KA121 e outro de ensino profesional KA121VET.

Desde o IES explican que o Erasmus “é un piar fundamental da nosa escola, xa que non é só un proxecto de excelencia educativa, senón que se enmarca dentro do noso plan de internacionalización que pretende que o noso alumnado obteña oportunidades de formación inesquecíbeis alén das portas do instituto”.

O Erasmus ten por obxectivo a promoción dos valores de convivencia e solidariedade da UE a través da educación. O proxecto Erasmus+ de ensino regular do IES de Arzúa, que leva o nome de «Camiños de Europa», promove o intercambio de experiencias educativas tanto para alumnado como para profesorado.

Todas as actividades buscan promover e fortalecer uns valores fundamentais, tales como, a inclusión e a diversidade, a concienciación cultural e patrimonial, o desenvolvemento das habilidades lingüísticas, a protección e concienciación ambiental e a alfabetización dixital.

Boas experiencias

O ano pasado o proxecto de ensino regular KA121 mobilizou un total de 23 alumnos e alumnas en diferentes tipos de mobilidade con escolas de Chequia, Italia, Portugal e Francia. Ademais, un total de 10 profesores e profesoras fixeron mobilidades de formación de diferente índole en Portugal, Francia, Chequia e Malta.

Traballando no futuro

Este ano, preparan unha mobilidade grupal, con alumnado de 3º e 4º de ESO, a unha escola secundaria de Angra do Heroísmo (Azores, Portugal) e tamén temos previsto mobilidades de alumnado grupal e individual con escolas de Países Baixos, Noruega e Francia.

Así mesmo, organizarán experiencias de observación e formación en escolas estranxeiras para profesorado. Por outra banda dous expertos visitarán o centro co obxectivo de organizar obradoiros e charlas que traballen polo miúdo os valores do programa.

O ano pasado, tamén mobilizaron un pequeno grupo de alumnado de Formación Profesional de grao básico e medio e conseguiron que fixesen as súas prácticas en varios países estranxeiros (Portugal, Chequia e Italia).

A intención é “pór a Arzúa no mapa dos Erasmus e da Unión Europea e difundir o programa, non só na comunidade educativa, senón tamén en toda a vila de Arzúa. Pensamos que abrir as mentes do alumnado e garantir un ensino de calidade con mentalidade galega e internacional ten un impacto positivo non só no noso centro, senón en toda a sociedade arzuá e, por extensión, en toda Galicia”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%