Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 octubre, 2024
A Sociedade Liceo de Noia, unha das institucións culturais máis destacadas deste vila coruñesa, está a piques de celebrar os seus 94 anos de existencia, fundada en 1928. Óscar Prego, presidente da entidade, destacou en Radio Líder Santiago a evolución deste espazo multidisciplinar que conta con preto de 2700 socios e ofrece máis de 25 actividades culturais e deportivas ao longo do ano.
O Liceo, que resistiu momentos históricos como a Guerra Civil, a dictadura e recentemente a pandemia, continúa sendo un referente en Noia. Entre as súas actividades inclúense desde clases de artes marciais e badminton ata convenios con clubes de lectura e organización de eventos culturais para todas as idades.
Neste outono, o Liceo de Noia terá como protagonistas ao humorista Goyo Jiménez (venda de entradas: AQUÍ) , que actuará o xoves 10 de outubro, e á banda de rock Burning, que celebrará o seu 50 aniversario en novembro cun concerto especial. Prego tamén mencionou outros eventos próximos como monólogos de Miki Dkai (26 outubro), bailes de Nadal e un mercadillo de artesanía.
Este emblemático lugar, que foi escenario de series como Velvet ou Fariña, continúa a marcar a vida cultural da vila, proporcionando espazos e eventos que unen a comunidade a través da cultura e o deporte.
A entrevista completa no seguinte enlace.
Written by: Líder Redacción
cultura deporte Entrevista humor liceo de noia musica noia radio lider santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)