AD

Comarca

O mellor pop-rock dos últimos corenta anos chega a Arzúa co “Camiño Pop”

today2 julio, 2025

Fondo
share close
AD
  • Un tardeo musical, promovido pola Concellería de Turismo, con dúas actuacións: concerto de Pop In Black e sesión DJ de The Busking Gentleman

Arzúa, 2 de xullo de 2025.- A praza de Galicia de Arzúa convertirase o vindeiro sábado 12 de xullo no epicentro da música pop-rock coa primeira edición do “Camiño Pop”, unha nova proposta impulsada pola Concellería de Turismo que busca animar o verán con boa música e ambiente festivo.

A cita arrancará ás 20:00 horas e está pensada como un tardeo musical de 4 horas, no que soarán os mellores temas dos anos 80, 90 e 2000, nunha experiencia que mestura música en directo, espectáculo e nostalxia. A entrada será de balde.

O prato forte da xornada será o concerto da banda Pop In Black, un grupo formado por músicos profesionais cun repertorio que supera as 100 cancións e que percorre o mellor do pop e do rock en español das últimas décadas. A banda, liderada polo cantante de orixe arzuán Román Mosteiro, destaca non só pola súa calidade musical senón tamén pola posta en escena: visten como os axentes especiais da película Men In Black, asumindo o papel de protectores do universo fronte ao reggaetón, cun espectáculo cargado de medleys, mashups e versións moi recoñecidas.

A festa continuará co Dj The Busking Gentleman, residente dun dos tardeos máis coñecidos da cidade da Coruña, que traerá a súa selección musical para completar unha noite inesquecible.

“Con esta iniciativa queremos dar visibilidade ao talento musical vinculado con Arzúa, como é o caso de Román Mosteiro, e ofrecer unha proposta atractiva tanto para a veciñanza como para todas as persoas que nos visitan no marco do Camiño de Santiago. O Camiño tamén pode soar a pop”, sinala a concelleira de Turismo, Begoña Balado.

“Camiño Pop” forma parte da programación de verán coa que o Concello de Arzúa aposta por dinamizar o municipio con actividades culturais que combinen entretemento, participación cidadá e identidade local.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *