AD

Comercio

O Milladoiro contará cunha sala de estudo aberta todos os días do ano as 24 horas

today28 enero, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello de Ames está executando obras na Biblioteca municipal do Milladoiro co obxectivo de separar a aula de estudo do espazo de biblioteca. Deste xeito, poderase empregar a sala de estudo as 24 horas do día, en horario ininterrompido, todos os días da semana (incluído os sábados e domingos)

O acceso a sala de estudo 24/7 deberá realizarse mediante lector de código QR. As obras están sendo executadas pola empresa Construcciones Iglesias Mera e teñen un custe de 15.464 euros. A sala de estudo estará pechada temporalmente durante uns días, pero o espazo da biblioteca segue funcionando con normalidade

O alcalde de Ames e responsable do departamento municipal de bibliotecas, Blas García, explica que “estamos respondendo a unha demanda do veciñanza, que nos vén reclamando un lugar de estudo que non dependa da dispoñibilidade do persoal municipal. Deste xeito poremos en funcionamento a primeira sala de estudo aberta permanentemente do concello”

Ames, 28 de xaneiro de 2025.- O Concello de Ames está executando obras na Biblioteca municipal do Milladoiro co obxectivo de separar a aula de estudo do espazo de biblioteca. Deste xeito, poderase empregar a sala de estudo as 24 horas do día, en horario ininterrompido, todos os días da semana (incluído os sábados e domingos). O acceso a sala de estudo 24/7 deberá realizarse mediante lector de código QR. As obras están sendo executadas pola empresa Construcciones Iglesias Mera e teñen un custe de 15.464 euros. A sala de estudo estará pechada temporalmente durante uns días, pero o espazo da biblioteca segue funcionando con normalidade.

Este martes, 28 de xaneiro, comezou a execución das obras de adaptación da Biblioteca municipal do Milladoiro, para que a sala de estudo dispoña de acceso as 24 horas e poida ser utilizada fóra do horario laboral do persoal municipal encargado da biblioteca. As obras que se están executando afectan á entrada dende a rúa de Abaixo, onde se están realizando traballos para mellorar a accesibilidade á sala de estudo. Tamén se vai cambiar a porta de entrada e haberá que instalar de sistema de lectura e programa de xeración de códigos QR para a apertura da nova fechadura automática.

O alcalde de Ames e responsable do departamento municipal de bibliotecas, Blas García, explica que “estamos respondendo a unha demanda do veciñanza, que nos vén reclamando un lugar de estudo que non dependa da dispoñibilidade do persoal municipal. Deste xeito poremos en funcionamento a primeira sala de estudo aberta permanentemente do concello”.

Ata o de agora o acceso á sala de estudo estaba conectada interiormente ao espazo de biblioteca. O acceso á biblioteca realízase a través da porta situada na rúa Raxoeira. Atravesando este espazo e cruzando unha porta situada ao fondo do espazo da biblioteca, accédese á zona de estudo e lectura. Ata o de agora a porta situada na rúa de Abaixo funcionaba soamente como saída en caso de emerxencia.

Agora preténdese habilitar un acceso directo para os/as usuarios/as dende a rúa de Abaixo para que non teñan que acceder polo espazo de biblioteca. Ambos locais teñen unha superficie total de 483,26 metros cadrados. O espazo de biblioteca ten unha superficie de 258,47 metros cadrados, mentres que a sala de estudo dispón dunha superficie de 224,79 metros cadrados.

O obxectivo é poñer a disposición da veciñanza o servizo da sala de estudo durante as 24 horas con acceso desde rúa de Abaixo. Os/as usuarios/as terán que acceder a través dun código QR. Durante o horario nocturno a porta que comunica co espazo de biblioteca estará pechada. Pola contra, durante o horario xeral diúrno a porta de comunicación entre ambos locais seguirá estando aberta. No teito da zona de entrada pola rúa de Abaixo vaise instalar unha cámara de vídeo-vixilancia conectada á instalación actual.

Horario da biblioteca

O horario de atención ao público da biblioteca é de luns a venres, de 9:00 a 20:50 horas. Os sábados o horario é de 9:00 a 13:50 horas. Durante o período estival (do 16 de xuño ao 15 de setembro) o horario varía, sendo de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. Durante o horario de funcionamento actual disponse de presenza permanente de persoal asignado por parte do Concello de Ames.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *