AD

Comarca

O Ministerio cambia o plan de obra da N-550 a petición do Concello de Ames

today21 enero, 2025

Fondo
share close
AD

A obra non comezará no carril dirección Santiago-Padrón polo momento. Esta mesma tarde foron repostos os dous carrís de subida da avenida de Rosalía de Castro

Dende o Concello pídese paciencia cunha obra complexa que vai xerar molestias en momentos puntuais ao longo da súa execución e que, cando estas xurdan, serán solucionadas na maior brevidade posible

Ames, 21 de xaneiro de 2025.- O Concello de Ames fai que se rectifique o plan de obra do Ministerio e garante os dous carrís de subida da avenida de Rosalía de Castro ata que non finalice a actuación dirección Padrón-Santiago.

Tras as complicacións xurdidas durante esta xornada debido ao corte dun dos carrís de subida na N-550 realizáronse as xestións pertinentes coa Subdelegación do Goberno e a empresa adxudicataria para que o plan de obra se modifique.

O Concello de Ames recorda que esta é unha obra complexa que vai xerar molestias en momentos puntuais ao longo da súa execución e que, cando estas xurdan, serán solucionadas na maior brevidade posible.

O alcalde, Blas García, expón que “esta mañá tras unha xuntanza cos concelleiros de Obras e o de Urbanismo e, ante o caos circulatorio que se formou na rotonda de O Milladoiro ao final da SC-20 e a subida á rúa Muíño Vello polo comezo das o ras no carril dirección a Padrón, decidimos contactar coa Subdelegada do Goberno, María Rivas, e coa dirección de obra para paralizar actuación nese tramo da rúa Rosalía de Castro á altura de Muebles Compostela e volver ao estado inicial”.

Por outra banda García informa que acordou coa Subdelegada “convocar a Comisión de Seguimento para a vindeira semana e reorganizar o plan de obras, así como mellorar a sinalización nas entradas a Rosalía de Castro, tanto dirección Padrón como dirección Santiago para derivar o tráfico pola AG-56 ata Pardiñas e pola rotonda das Galanas.

Sabemos que esta é unha obra moi complexa e que durante a súa execución vai a xerar problemas. Cando estes xurdan, intentaranse solucionar canto antes”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%