Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, visitou onte a Casa de Rosalía en Padrón, onde anunciou que o seu Ministerio financiará a redacción do proxecto de restauración do edificio Murguía. Este paso inicial permitirá avanzar na recuperación deste emblemático espazo, clave para a actividade da Fundación Rosalía de Castro.
Durante o acto, destacouse o compromiso do Goberno de España e da Fundación coa preservación e difusión do legado da poeta. O presidente da Fundación, Anxo Angueira, e o Ministro Urtasun subliñaron a importancia de manter viva a herdanza cultural de Rosalía e promover a súa obra.
No evento estiveron presentes o delegado do Goberno, Pedro Lobeiras; a subdelegada, María Rivas; o conselleiro de cultura, José López; e membros do padroado, quen celebraron esta colaboración como unha oportunidade para reforzar o papel da Casa de Rosalía como espazo de referencia cultural e pedagóxica en Galicia.
A iniciativa supón o comezo dunha aliña estratégica entre as institucións para garantir que a casa poida continuar a súa labor de promoción da literatura e a cultura galega.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)