AD

Comarca

O Patinaxe Artística Brión gaña a medalla de prata na Copa de España-IX Trofeo Cidade de Alcoy

today30 abril, 2025

Fondo
share close
AD

«O Club de Patinaxe Artística Brión, do Concello de Brión, colgase a medalla de prata na «Copa de España- IX Trofeo Cidade de Alcoy» que se celebrou na localidade de Alcoy este sábado 26 de abril.

O CPA Brión leva acudindo a esta competición 3 anos e en todos lograron colgarse unha medalla, no 2023 foron medalla de prata, no 2024 medalla de bronce e nesta ocasión volveron a subir ao segundo caixón do podium e colgarse de novo a prata. Na competición participaban 23 grupos de diferentes comunidades de toda España.

As doce patinadoras: Leire, Alba, Marta, Antía, Yaisa, Icía, Flavia, Paula M., Carla, Greta, Paula A. e Zaira gozaron moitísimo desta experiencia e están moi contentas do resultado xa que melloraron a puntuación obtida no Campionato de España.

O seu equipo técnico, Natis e Andrea, están moi contentas e orgullosas das súas patinadoras «é un soño ter conseguido tres medallas neste campionato e as tres consecutivas, algo inimaxinable debido ao nivel de cada ano, pero é o resultado de moito esforzo e dedicación por parte das patinadoras, do equipo técnico, das familias e patrocinadores, xa que sen eles non sería posible poder participar».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *