AD

Comarca

‘O patio da corentena’ e ‘Artista coleccionista’, premiados no Entroido do Pino

today3 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

A Asociación veciñal A Carballeira de Chaián volve triunfar en comparsa e carroza coa súa proposta para conquistar a galaxia

A ‘Diosa da neve’ e ‘Hi-Hada’, gañan en individual e ‘As madamas’ en parella nun colorido desfile

A música do grupo local JB Sons animou a festa

Artista coleccionista e cuadros para alegrar a vista, gañador na categoría de grupo

 

Moita imaxinación e propostas moi elaboradas as que se viron este domingo 2 de marzo no concurso de disfraces de Entroido que organizou o Concello do Pino. Dúas das propostas máis aplaudidas foron as presentadas pola cativada. O patio da corentena, que incluíu os aplausos das oito da tarde na súa coreografía, levou o premio ao disfrace máis orixinal; e o Artista coleccionista e cuadros para alegrar a vista impúxose na categoría de grupo cunha colorida colección que o pintor acabou vendendo sobre o escenario.

O patio da corentena, foi a proposta máis orixinal

 

A participación máis numerosas no desfile do Entroido do Pino chegou dende Trazo. A Asociación veciñal A Carballeira, de Chaián, volveu levar o primeiro premio na categoría de comparsas e carrozas coa súa proposta para conquistar a galaxia (o ano pasado gañaron coa súa representación das Festas do Apóstolo dos anos 60). A Chaianasa explora a galaxia é o nome da comparsa que conta cun nutrido grupo de astronautas que acompañan á carroza O planeta Chaintra 25, que inclúe na súa posta en escena un vehículo espacial tripulado e o lanzamento dun foguete, que sorprendeu ao público presente na Praza do Concello do Pino.

A Asociación de Veciños A Carballeira de Chaián gañou en carrozas (‘A Chaianasa explora a galaxia’) e comparsas (‘O planeata Chaintra 25’)

 

Pero sobre o escenario do Pino desfilaron onte elaborados e coloridos disfraces que fixeron rir ao público presente e que levaron moitos aplausos. Foi o caso das dúas gañadoras da categoría infantil, que coincidiron na neve e no frío como temática. A diosa da neve Xi-Hada levaron o primeiro premio cuns disfraces que sorprenderon o xurado pola minuciosidade e complexa elaboración. O segundo premio na categoría infantil foi para Martiano. En total, o Concello do Pino repartiu 2.300 euros en premios.

Coloridos e divertidos foron tamén os disfraces das Madamas e a súa coreografía, que arrancou moitos aplausos entre o público, nunha tarde na que non faltou a música. O grupo local JB Son encargouse de animar a festa e, como non podía ser doutro xeito, tocaron por primeira vez no Pino e non dubidaron en subirse ao escenario disfrazados de Brancaneves e os seus ananos e ananas.

O alcalde, Manuel Taboada; a concelleira de Cultura, Eva Varela, e membros do equipo de goberno local entregáronlle os premios aos gañadores e gañadoras.

A diosa da neve, gañadora infantil

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *