AD

Actualidad

O Pavillón de Vite reabre tras unha reforma integral e especialízase na práctica do hóckey

today14 junio, 2025

Fondo
share close
AD

O Pavillón de Vite, en Santiago de Compostela, reabriu esta semana as súas portas logo dunha reforma integral que supuxo un investimento superior a 1,3 millóns de euros. A actuación, considerada unha das máis destacadas dos últimos anos no ámbito deportivo municipal, permitiu renovar por completo as instalacións e adaptalas para a práctica específica do hóckey.

A intervención abordou tres grandes ámbitos de mellora. En primeiro lugar, a eficiencia enerxética, coa instalación de 28 paneis solares para autoconsumo e a incorporación de paneis acristalados, lucernarios e fachadas perforadas que favorecen a iluminación e a ventilación natural.

O segundo eixo da reforma foi a accesibilidade universal. O pavillón conta agora con ramplas exteriores, portas e corredores adaptados, vestiarios e aseos accesibles, percorridos sen barreiras e prazas reservadas nas gradas.

O terceiro ámbito foi a modernización funcional da instalación: renovouse e vernizouse a pista, instalouse un novo marcador electrónico, colocouse un valado desmontable —pioneiro en todo o Estado—, mellorouse a rede e colocáronse novos asentos nas bancadas, así como mobiliario actualizado no posto de conserxería.

A contorna exterior do pavillón tamén foi obxecto de acondicionamento por parte do servizo municipal de Parques e Xardíns.

Esta reforma forma parte do plan de mellora das infraestruturas deportivas municipais, no que tamén se inclúe a reforma do Pavillón de Santa Isabel, actualmente en marcha.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *