AD

Comarca

O polígono de Toedo medrará un 82% coa súa ampliación pública

today9 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, celebrou a adxudicación da redacción do proxecto de expropiación para a ampliación pública do polígono industrial de Toedo, o principal parque empresarial do municipio. O encargo foi realizado por Xestur á empresa Calixto Escariz S.L., dando así un novo paso nun dos proxectos estratéxicos para o desenvolvemento económico local.

Segundo explicou o rexedor, a redacción deste proxecto permitirá avanzar nos trámites necesarios para proceder á expropiación dos terreos incluídos na ampliación. O obxectivo é que este mesmo ano se leve a cabo o proceso expropiatorio e que, se se cumpren os prazos previstos, en 2027 poidan iniciarse as obras de urbanización.

A ampliación do polígono de Toedo suporá a creación de máis de 156.000 metros cadrados de novo solo industrial, case duplicando a superficie actual e ofrecendo novas oportunidades para a implantación de empresas e a creación de emprego no municipio.

Neste contexto, o alcalde anunciou tamén que o Concello convocará nos próximos días unha nova reunión con empresarios locais. O encontro permitirá concretar e oficializar o interese das empresas en instalarse nas novas parcelas, así como adaptar o futuro proxecto de urbanización ás súas necesidades.

O proxecto contará cun investimento superior aos 13 millóns de euros e permitirá ampliar a superficie total do polígono desde os actuais 190.554 metros cadrados ata os 347.239, o que suporá un incremento da súa capacidade nun 82%.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *