AD

Actualidad

O PP aposta por Compostela como sede da Convención de Turespaña 2025

today19 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Segundo Baleato, “nas últimas edicións as cidades anfitrionas foron Sevilla, Barcelona, San Sebastián ou Tenerife este ano; polo que cremos que Santiago de Compostela debería postularse como candidata para albergar futuras edicións

Ademais a edil popular manifestou que a organización desta Convención en Santiago suporía outorgarlle aínda máis liderado ao noso destino, darlle máis visibilidade entre os profesionais do sector e os propios conselleiros de Turespaña, ademais dun importante impacto económico para a cidade”

O Partido Popular de Santiago, a través da súa vicevoceira María Baleato, manifesta a súa intención de propoñer Santiago como sede da Convención de Turespaña 2025. E é que, segundo Baleato, “nas últimas edicións as cidades anfitrionas foron Sevilla, Barcelona, San Sebastián ou Tenerife este ano; polo que cremos que Santiago de Compostela debería postularse como candidata para albergar futuras edicións”.

Ademais, a edil popular manifestou que a organización desta Convención en Santiago suporía outorgarlle aínda máis liderado ao noso destino, darlle máis visibilidade entre os profesionais do sector e os propios conselleiros de Turespaña, ademais dun importante impacto económico para a cidade”.

A Convención de Turespaña é un evento anual concibido como un espazo para o encontro do sector turístico público e privado, para o intercambio de información e boas prácticas así como para a reflexión conxunta arredor do desenvolvemento turístico de España, dos seus destinos e empresas. A Convención persegue, tamén, mellorar a eficacia e o alcance da acción de Turespaña a través da coordinación e colaboración con destinos e empresas do sector.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%