Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
• Adrián Villa convidou á veciñanza a elixir entre dous modelos. “O modelo do BNG, que son trozos de carril bici inseguros por toda a cidade ou o modelo do Partido Popular de Borja Verea, que é esa senda peonil e ciclista de 12 quilómetros posta en macha pola Xunta de Galicia”.
• O edil popular advertiu de que esta improvisación que pode traer consecuencias ao respecto da seguridade tanto de peóns e ciclistas como de vehículos.
O concelleiro do Partido Popular, Adrián Villa, lamenta a “chapuza” do goberno nacionalista ao respecto do novo carril ciclista na rúa de Roma, en Fontiñas.
Un carril que, tal e como se puido comprobar, foi totalmente improvisado e sen ningún tipo de actuación máis aló da delimitación con pintura. Esta nova ocorrencia do BNG supuxo a aparición dun carril bici que alterna a beirarrúa pola que transitan os peóns e a zona de aparcamento e circulación de vehículos.
Para Villa, trátase dunha “improvisación que pode traer consecuencias” ao respecto da seguridade tanto de peóns e ciclistas como de vehículos. Unha situación á que se suma a falta de accesibilidade do itinerario ciclista, que conta con diferentes desniveis ao mudar de espazo en diferentes tramos da rúa.
Con todo isto, o edil convidou á veciñanza a elixir entre dous modelos. “O modelo do BNG, que son trozos de carril bici inseguros por toda a cidade ou o modelo do Partido Popular de Borja Verea, que é esa senda peonil e ciclista de 12 quilómetros posta en macha pola Xunta de Galicia”. Ao respecto desta última, que conectará O Milladoiro con Santiago, Villa lembrou que, “os do non a todo”, non pararon ata que a paralizaron por unha única razón, porque foi un logro de Borja Verea.
Por último, o concelleiro popular lembrou máis exemplos destes carrís bici “absurdos” dos nacionalistas que se suman ao da rúa de Roma, como o do Pombal ou Xoán XXIII, que xa foron denunciados polos propios usuarios das bicicletas pola falta de seguridade e porque son tramos inconexos que non veñen nin van a dar a ningunha parte.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)