Fontiñas celebra do 12 ao 14 de xuño unhas festas cheas de música, vermú e ambiente de barrio
O barrio compostelán de Fontiñas xa quenta motores para vivir unha intensa fin de semana festiva os días 12, 13 e 14 de xuño, cunha programación pensada para todos os públicos e marcada pola música en directo, as sesións vermú e as actividades ao aire libre. As festas arrancarán o venres 12 de xuño cunha sesión musical a cargo dos Muiñeiros do Sarela ás 18:00 horas. A noite continuará coa tradicional verbena, que contará coa actuación do Trío Alborada e […]