AD

Actualidad

«O PP criticou o programa da Ascención antes de coñecelo, como fixo cos orzamentos»

today8 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela, participaba este martes nos micrófonos de Radio Líder Santiago para abordar xunto a Álvaro Veiga distintos asuntos da actualidade local.

Un dos temas foi o comezo este mércores das festas da Ascensión ata o vindeiro día 12. A rexedora nacionalista asegura que as festas da cidade van ter «unha programación variada con orquestras, cabezudos, co ComposFest, con grupos santiagueses e de fóra, e tamén destacamos a música tradi das Fillas de Cassandra para conxugar tradición e modernidade, entre outras». Ademáis asegurou que «o PP criticou o programa da Ascención antes de coñecelo, como fixeron cos orzamentos».

Doutra banda, Sanmartín tamén fixo referencia a recente reunión celebrada do Foro Cívico, unha entidade que, afirma, «coincide na nosa liña de que ten que haber colaboración entre administracións para sacar adiante temas prioritarios para a cidade como vivenda, mobilidade e grandes infraestruturas para mellorar Santiago de Compostela».

Sobre un dos temas candentes da actualidade da capital galega, a alcaldesa confirma que «instaláronse sensores para analizar os fluxos turísticos e coñecer o nivel de ocupación, días e horas en determinados lugares para un estudo en colaboración coa USC de cara a unha nova distribución das visitas para que coñezan espazos distintos e teñan unha mellor experiencia». Estos sensores están ubicados na Praza do Obradoiro, Rúa do Vilar, San Francisco, Mercado de Abastos, Praza 8 de marzo, na costa da Camelia e no Paseo central da Alameda. Sanmartín aclara que o que se contabilizan con este sistema son dispositivos móviles.

Na recta final, tamén falou da reunión que o próximo día 10 deste mes manterá cos Ministerios de Economía e Vivenda co obxetivo de que o Goberno central medie coa Sareb para poder desbloquear o futuro da parcela do Peleteiro, cunha licenza que segue o seu curso.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%