Goretti Sanmartín: “Este outono teremos o novo servizo de autobuses funcionando”
A alcaldesa asegurou que estamos ante “un gran salto cualitativo nun servizo fundamental para a veciñanza compostelá" e que "despois de moitos anos, Santiago contará co transporte que merece”. “As nosas previsións foron certeiras e o traballo realizado foi tan sólido como diciamos” afirmou Goretti Sanmartín esta mañá, tras recibir onte a comunicación do TACGAL que desestima e inadmite o recurso interposto contra a adxudicación do contrato mixto de servizo e obras do servizo público de transporte colectivo urbano […]