Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 octubre, 2025
Melide, 4 de outubro de 2025. O Partido Popular de Melide denuncia publicamente a enorme perigosidade que se vive en diferentes puntos das parroquias rurais de Melide debido ao tránsito continuo nas últimas semanas de grupos de cabalos descontrolados cruzando as estradas e fincas.
Os veciños das zonas de Orois, Castiñeiroas e arredores puxéronse en contacto en múltiples ocasións co Concello de Melide, mais están fartos de quedar sen resposta.
Esta semana foron varios os episodios deste tipo, co perigo que supón tanto para os vehículos que circulan pola zona como para os nosos maiores que pasean ás beiras das súas vivendas.
Logo de alertar a Garda Civil e 112, os veciños afectados puxeronse en contacto coa nosa formación para denunciar novamente a pasividade do goberno local, que parece
nin escoitar as queixas dos propios veciños.
Dende o PP de Melide considérase que esta situación non é aceptable e se debe actuar de inmediato: “Non é posible que cada semana se produzan situacións de inseguridade, deste ou outro tipo, e o goberno local non escoite nin actúe. Traballan a remolque e deixan aos veciños á súa sorte a que intenen arranxar cada problema”, sinalan.
O grupo popular esixe ao executivo local que adopte medidas inmediatas para garantir
a seguridade dos nosos veciños, especialmente neste caso daqueles que viven nas zonas rurais afectadas por esta cuestión
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)