AD

Comarca

O PP de Melide denuncia o “caos económico” e critica unha nova modificación orzamentaria de 900.000 €

today9 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Melide, 9 de outubro de 2025. O Partido Popular de Melide quere alertar públicamente da nefasta planificación económica do Concello, que ven de aprobar no pasado pleno do día 07 de outubro unha nova modificación orzamentaria por importe de 900.000€ para facer fronte a gastos correntes.

O tripartito local considera que é bo retirar 900.000€ do remanente de tesourería, é dicir, dos aforros municipais, para facer fronte a gastos correntes que debían ser máis que previsibles.

Pola nosa banda, este grupo considera que esta situación é altamente alarmante, máis tendo en conta que xa é a terceira modificación de crédito que o tripartito aproba neste exercicio do 2025, unha boa mostra da falta de previsión máis absoluta e do caos no que se move o goberno local.

Dende o PP de Melide considérase que esta situación non é aceptable e que seguiremos actuando ata onde faga falta: “Non podemos permitir que se xogue cos aforros de todos os veciños e se hipoteque o futuro deste Concello, sinxelamente por non saber gobernar e gastar máis do que se ten, a pesar de subir impostos continuamente. Cando unha familia ten que tirar dos seus aforros para pagar as facturas correntes do día a día, significa que algo non vai ben”, sinalan.

O grupo popular esixe ao executivo local que adopte medidas inmediatas para garantir a boa saúde económica do Concello, especialmente no que atinxe aos aforros municipais que permitan facer fronte a emerxencias ou gastos excepcionais.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *