AD

Comarca

O PP de Pontecesures pide mobilización veciñal para recuperar a Festa da Lamprea

today15 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

O portavoz do Partido Popular en Pontecesures, Manuel Vidal Seage, fixo un chamamento á veciñanza para impulsar a recuperación da Festa da Lamprea despois de que o goberno local decidise non celebrala por terceiro ano consecutivo. O edil considera que, se existe vontade organizativa, aínda sería posible sacar adiante esta cita gastronómica durante a primavera.

Vidal Seage sinalou que a organización dun evento deste tipo non é sinxela, xa que depende de diversos factores como a evolución da lamprea, o estado do río ou a dispoñibilidade do produto. Con todo, defendeu que a festa debería manterse no calendario todos os anos, mesmo adaptándose ás circunstancias de cada tempada.

Segundo indicou, esta celebración forma parte da identidade colectiva de Pontecesures e constitúe tamén unha oportunidade importante para dinamizar a hostalaría local. Ademais, destacou que se trata dun escaparate relevante para dar visibilidade ao municipio no conxunto de Galicia.

O representante popular criticou que desde o cambio no goberno municipal non se conseguise organizar a festa en ningunha ocasión e acusou á alcaldesa, Maite Tocino, de amosar “falta de interese” para manter viva esta tradición.

Así mesmo, apuntou que nesta tempada a presenza de lamprea no río é especialmente elevada, polo que asegura que tanto o seu grupo como parte da veciñanza cuestionan os motivos da nova cancelación, xa que en anos anteriores a escaseza de peixe fora unha das razóns esgrimidas para suspender o evento.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *