Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 agosto, 2025
• Borja Rubio reclamou a posta en marcha inmediata dun Plan Municipal de Xuventude participativo, transversal e ambicioso, con accións concretas en emprego, lecer, cultura, vivenda, formación e voluntariado, os nacionalistas falan moito da mocidade, pero non fan nada».
• Asegurou que “o goberno local prefire facer un acto conxuntural que sentar as bases dun proxecto de cidade para a mocidade, mentres tanto, os barrios seguen sen programación, sen acompañamento e sen presenza municipal que escoite ou active a xuventude».
O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro, Borja Rubio, vén de denunciar “a total ausencia de dirección política en materia de xuventude no goberno nacionalista” e engadiu que, “malia aprobarse por unanimidade en Pleno a necesidade dun Plan Estratéxico de Xuventude, o goberno local segue sen cumprir ese mandato, limitándose a accións soltas, actos simbólicos e anuncios sen continuidade”.
Rubio reclamou a posta en marcha inmediata dun Plan Municipal de Xuventude participativo, transversal e ambicioso, con accións concretas en emprego, lecer, cultura, vivenda, formación e voluntariado, os nacionalistas falan moito da mocidade, pero non fan nada».
«Santiago merece políticas de xuventude á altura da súa xente moza, mentres noutras cidades se avanza, aquí seguimos no cartaz e na improvisación, a mocidade non pode seguir sendo invisible para quen goberna», resaltou.
«Levamos dous anos -remarcou- vendo como a única proposta dos nacionalistas se resume en accións illadas sen rumbo, sen avaliación e sen impacto real, non parecen entender que a xente moza de Compostela precisa políticas estables, proxectos con sentido e presenza constante nos barrios e nas parroquias, pero isto, hoxe, non existe».
O popular insistiu en que, “desde o PP, subliñamos que non existe folla de ruta, nin vontade de traballar da man da mocidade; e a oferta de lecer non pode reducirse a actividades puntuais nun único lugar da cidade; a formación non pode limitarse a cursos illados sen continuidade; ou o voluntariado xuvenil non pode resumirse en programas piloto sen estrutura nin seguimento”.
“Tampouco se coñece -destacou o edil popular- absolutamente ningunha medida en materia de vivenda para a mocidade, malia ser unha das principais preocupacións do colectivo, estamos fartos de anuncios baleiros que logo non se executan”.
Rubio asegurou que “o goberno local prefire facer un acto conxuntural que sentar as bases dun proxecto de cidade para a mocidade, mentres tanto, os barrios seguen sen programación, sen acompañamento e sen presenza municipal que escoite ou active a xuventude».
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)