AD

Actualidad

O PP de Santiago denuncia o estado do campo de fútbol da Mercé: «É un perigo para os rapaces»

today23 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

• “Tiveron tempo de sobra para avaliar e encargar, polo menos, unha simple reparación, que debería terse levado a cabo no verán, pero os rapaces chegaron este mes de setembro e os vestiarios seguen exactamente na mesma situación”, denunciou o edil popular.

• José Ramón de la Fuente lamentou que o BNG non se tome en serio o deporte base, “non sabemos -dixo- se é porque non lle importa ou pola súa nula capacidade de xestión, pero o certo é que Conxo, Villestro ou Belvís seguen cuns campos de fútbol con graves deficiencias”.

O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro José Ramón de la Fuente, denunciou hoxe o mal estado dos campos de fútbol da cidade. O popular indicou que “a alarma saltou, entre clubs e deportistas, no mes de xaneiro, cando se desprendeu parte do teito dos vestiarios do campo de fútbol da Mercé, en Conxo e “a pesar do estado tercermundista das instalacións, -dixo o popular- non se acometeu ningunha labor de mantemento e o teito acabou por derrubarse, co perigo que iso podería ter suposto no caso de que, nese momento, houbese algún deportista usado esas instalacións”.

En febreiro preguntamos en Pleno ao goberno nacionalista por esta situación e o único que fixeron foi botar balóns fóra quitándolle importancia a unha situación que, ao seu parecer, “non poñía en risco a seguridade dos nenos”; unha afirmación que, en palabras de la Fuente contradí as imaxes nas que todos puidemos ver a verdadeira situación destes vestiario”.

Lamentou ademais que “tiveron tempo de sobra para avaliar e encargar, polo menos, unha simple reparación, que debería terse levado a cabo no verán, pero os rapaces chegaron este mes de setembro e os vestiarios seguen exactamente na mesma situación”, denunciou o edil popular.

“No campo de fútbol Suso Conde de Villestro, -agregou- levan anos esperando por unha substitución integral do céspede que xa non pode esperar máis, posto que superou, hai varios anos, a súa vida útil, xa que non se recomenda o uso máis de dez anos”.

De la Fuente insistiu en que “a situación é tan grave que algúns deportistas aseguran que moitas das lesións que se teñen producido ultimamente débense ao ruinoso estado do firme, que non garante un mínimo de seguridade”.

“O cambio de céspede está no pacto de orzamentos entre PSOE, BNG e CA desde 2023, pero estamos case rematando 2025 e nada se sabe sobre isto, nin sobre a ampliación da instalación e a construción de novas zonas de adestramento, ademais dun campo anexo de Fútbol-8 e o soterramento das liñas de alta tensión que rodean á instalación”.

“Esta claro -subliñou De la Fuente- que ao BNG e CA se atáscaselles a xestión; non estamos a falar dun expediente de contratación especialmente complicado. Se o goberno nacionalista fora dilixente podería terse executado a substitución do céspede no Suso Conde neste verán, pero esa non parece ser unha razón que anime aos concelleiros a traballar para cumprir eses prazos.

O concelleiro popular lembrou que isto mesmo “xa ocorreu coas obras do campo das Cancelas, do pavillón de Vite e das instalacións de Santa Isabel, cuxa planificación non tivo en conta as necesidades de clubs e usuarios, interferindo gravemente nos seus adestramentos e competicións”.

“Esta falta de planificación ten agora mesmo, no inicio desta tempada, inoperativo o campo de fútbol de Belvís, onde chega tarde unha intervención que debeu facerse hai meses aproveitando o parón do verán, posto que é o único momento no que o desenvolvemento desas actuacións non prexudica a actividade de clubs e deportistas”, indicou.

Finalmente, De la Fuente, remarcou que, neste momento, “as únicas intervencións deste goberno nacionalista no eido deportivo non son iniciativa súa. De momento, o BNG e CA limitáronse a continuar cos proxectos de Bugallo, pero non podemos mencionar ningún proxecto, obra ou infraestrutura que partira do goberno actual; propaganda, si, bastante, pero feitos, ningún”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *