Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 septiembre, 2025
• Adrián Villa denunciou a “chambonada que fixeron os nacionalistas co asfaltado da rúa da Estrada e os traballos surrealistas na rúa do Restollal, vía que se pintou no mes de xullo e, posteriormente, foi asfaltada no seu treito superior neste mes de setembro, tendo que volver a pintala”.
O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, solicitoulle, unha vez máis, ao goberno nacionalista que proceda a “planificar mellor as obras, co fin de evitar tirar os cartos da veciñanza santiaguesa en actuacións que non son definitivas e que, ademais, non melloran o estado das rúas da cidade”.
“Os nacionalistas non planifican absolutamente nada -destacou o edil popular-, viven instalados na improvisación, proba disto son as actuacións no barrio do Castiñeiriño, onde levaron a cabo unha verdadeira “chambonada”, asfaltando a rúa da Estrada e cos “traballos surrealistas” na rúa do Restollal, vía que se pintou no mes de xullo e, posteriormente, foi asfaltada no seu treito superior neste mes de setembro, tendo que volver a pintala”.
No referente á rúa da Estrada, Adrián Villa denunciou a pésima actuación feita, xa que tiña falta de asfaltar e “o único que fixeron foi remendala de forma pésima, posto que só taparon as fochancas de maior tamaño, pero deixaron outras sen cubrir e, agora, a rúa asemella un xadrez”.
“Así mesmo, nesta localización -agregou o popular-, levan xa dúas semanas agardando que se pinte a rúa e, sobre todo e o máis importante, o paso de peóns do cruce, un lugar especialmente sensible, xa que meses atrás produciuse un importante atropelo, porque é un cruce moi transitado tanto por vehículos, como peóns”.
Escrito por Líder Redacción
denuncia obras partido popular politica Santiago de Compostela
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)